jueves, 19 de enero de 2017

O tempo é noso.

He aquí una de las primeras cosas que escribí hace ya unos años.

Cómeme pouco a pouco
lento
case con preguiza
Non hai présa
Non existe o tempo.
Parámolo nós
para nolos dous
Desfruta cada segundo
coma se fose o último
porque pode selo
Déixame recorrer
cada milímetro do teu corpo
recordalo
e gardalo
nun recuncho da miña memoria
para volver velo
e desfrutalo
cando xa non esteas
Tranquilo
vai con calma
Xa case me sei de memoria
os teus lunares
as túas pecas
os teus ósos...
Vai con calma
vai máis lento
Non teñas présa
O tempo é noso.
Noso é o tempo.
Deixa aos meus beizos
acariciar
o teu corpo enteiro
Comenzando por onde me bicas
polas túas meixelas
polo teu pescozo...
Déixame a min
Ti estate quieto
e calmo
Non hai présa
Non existe o tempo.
Parámolo nós
Para nolos dous
Déixame amarte
pouco a pouco
Sen correr
sen présas
Non hai tempo
Non hai nada
só estamos nós:
acariciándonos
bicándonos
explorándonos
pouco a pouco
lenta
quedamente.

                                             -Expresivísima.

No hay comentarios:

Publicar un comentario